Castellano
Galego
Páxina principal   Agregar a Favoritos   Teléfonos e Email   Contacto   Farmacias de Guardia   Guías de Rúas   Punto Limpio   Transporte Público   Fundación Wenceslao Fernández Florez   Cursos   Encontros e contos nas Bibliotecas   OMIX   Permisos de Quema   D.N.I.   Información Urbanística de Galicia   O Tempo en Cambre   Xunta de Galicia   Deputación da Coruña   Administración Electrónica   Terra das Mariñas   Rede de Información Xuvenil   Voluntariado Galego   El portal de la Unión Europea
ROMERÍA DE SAN BENITO
SAN BENITO PEQUEÑO: 11 DE JULIO; SAN BENITO GRANDE: 25 DE JULIO.
     Na parroquia de San Xoán de Anceis (anexa de Santiago de Sigrás-Cambre) no rueiro de Mercurín eríxese, nunha pequena penechaira, unha sinxela ermida onde se cerebran anualmente dúas romarías adicadas ó santo San Bieito. Trátase da única romaría que ainda se está a realizar no Concello de Cambre.

     Os milagres de San Bieito están vencellados con curacións de diversas protuberancias dermatíticas coma verrugas, grans ou pequenos bultos eruptivos da pel. Débese dicir que para que a curación sexa efectiva é obrigado comprir con diversos rituais que inciden directamente na vontade milagreira do santo.
     En primeiro lugar pódese optar polo “ofrecemento”. Neste caso a curación será “a priori”: o fiel “ofrécese” ó Santo prometendo acudir á romaría si a intervención resulta eficaz, ben nunha soa ocasión o longo dese ano ou no que se indique na promesa, ben de por vida. En caso de impedimento, á asistencia anual pódese delegar.
     En segundo lugar, pódese acudir cá doencia e esperar a que se produza a intervención milagreira de San Bieito despois da presencia na romaría. Porén, esta variante da curación é “a posteriori”. Si o doente se atopa neste caso debe seguir algunha das variantes que se están a ofertar e que a continuación se subliñan:
     - Pódese tentar influir no Santo mediante a doación de galiñas, galos, pitos, aceite, velas ou doacións en metálico que se adoitan colocar nos pliegues da súa vestimenta. Si se doan galiñas, galos ou pitos, estas pódense recuperar nunha espectacular puxa que se efectúa pola metade da mañanciña. No campo aledaño á ermida atópanse diversos postos de venda onde se poden mercar diversos exvotos de cera: máns, pés, brazos, pernas, cabezas, senos, etc. Calquera das variantes polas que se opte deberá ir acompanada cá asistencia ós servicios relixiosos que se están a cerebrar perante toda a mañán.
     - Por último, si o doente pretende que a curación sexa completa (sobor de todo cando o que se quere eliminar son as verrugas) cómpre efectuar un requisito se cadra fundamental: trátase de pasar por un buraquiño cadrado ubicado no lateral esquerdo da fachada do pequeno templo posto que, deste xeito, crúzase o umbral que separa e á vez leva do ámbito profano da enfermidade ó ámbito sagrado da limpeza e da luz, da ausencia de mal físico.
     A costume sinala tamén que se deben tocar, para completar o círculo curativo, os panos da imaxen do santo e aplicalos a continuacíon ás diversas protuberancias que se desexe eliminar.











Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento