| |
FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ |
|
|
|
|
A CASA MUSEO DO ESCRITOR WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ,
COMO PARTE DO PATRIMONIO CULTURAL DO CONCELLO DE CAMBRE.
|
|
| O interés polos museos vai en aumento, pero a súa presenza na sociedade cambresa non é casual nin transitoria. En primeiro lugar porque se trata da casa onde vivíu o escritor afincado en San Salvador de Cecebre, casa que leva o nome de Villa Florentina; en segundo lugar porque é unha institución cultural permanente que adquire un valor de conservación e protección dos bens que custodia, por ser únicos e singulares, sobre a vida e obra do escritor e da nosa cultura. Ademais, cada fin de semana do ano ten lugar un acontecemento cultural e a cotío recibe visitas de escolares e maiores, por onde pasan máis de 4000 persoas ao ano e moitas personaxes da Cultura galega e española |
 |
 |
Villa Florentina é unha Casa-Museo diferente por estar viva, por permanecer aberta á sociedade e por amosar o camiño de socialización da cultura a moitas outras casas semellantes. A nosa casa ten uns anxiños que a protexen, a cuidan e a manteñen aberta para que a pantasma de Wenceslao poida descansar en animada conversa con Fendetestas, con Fiz de Cotovelo ou cos señores d’Abondo. Son moitos os camiños percorridos para chegar ata a Fraga de San Salvador de Cecebre, mais todos eles levan ao mesmo lugar, ao centro do Bosque Animado onde un fío de fume sae pola chimenea e amosa a beleza da fantasía, introducíndonos nun mundo ensoñado e ricaz onde pequenos e maiores poden pasar unha tarde de lecer na nosa compaña. |
| Convidámolos a participar conosco das nosas actividades e programación, prometémoslles non defraudalos e fidelizalos para que nos aporten os seus coñecementos e experiencias a fin de que as poidamos compartir entre todos e todas. |
FUNDACIÓN WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Villa Florentina Apeadero, 14 ~ Cecebre (Cambre)
Teléfono: 981 676 052
E-mail: fundawenceslaoff@gmail.com
Blog de consulta: www.wenceslaofernandezflorez.org/blog. |
|
|
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|