| |
| REDE
DE BIBLIOTECAS DO CONCELLO DE CAMBRE |
|
ACTIVIDADE INTERNA DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
|
A Biblioteca Municipal Central,
ubicada na capital do municipio. Foi inaugurada o 17 de maio
de 1984, con 3.592 volumes, a 31 de decembro de 2003 posúe
26.652 volumes. Posúe unha Sala de Exposicións
anexa onde teñen lugar as actividades de Animación
á Lectura, ademais das exposicións e demais actos
que se levan a cabo ao longo de todo o ano.
- A Biblioteca Municipal A Barcala,
creada o 9 de marzo de 1994 con 2.146 volumes, a 31 de decembro
de 2003 posúe 14.073 volumes
- A Biblioteca Municipal Xabier
P. Docampo, aberta ó público o 20 de febreiro
de 1998 con 1.958 volumes e a 31 de decembro de 2003 conta con
10.635 volumes.
Isto supón que a 31 de
decembro de 2003 contemos con 51.360 volumes nas tres Bibliotecas,
dispoñibles para un total de 21.110 habitantes, o que
supón 2,43 libros/habitante. Tendo en conta que na mesma
data hai 5.083 socios, quere isto decir que o 24% da población
do Concello é socia dalgunha das tres Bibliotecas Municipais.
Se temos en conta que a 31 de
decembro de 1998 contabamos nas tres Bibliotecas cun total de
30.440 volumes, observamos que nestes últimos cinco anos
os fondos bibliográficos incrementáronse un total
de 20.920 volumes, o que supón un incremento medio anual
de 4.184 volumes. |
•
Programa
de animación á lectura O
MOUCHO LEROUCHO. |
•
Volver á páxina principal
das Bibliotecas Municipais. |
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|