| |
| REDE
DE BIBLIOTECAS DO CONCELLO DE CAMBRE |
PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA O MOUCHO
LEROUCHO
NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS.
|
O Programa de Animación
á Lectura lévase a cabo pola Área de Cultura
e Benestar Social do Concello de Cambre, nas Bibliotecas Municipais.
Está conducido por unha mascota creada por nós,
un moucho ó que lle puxemos de nome MOUCHO LEROUCHO.
As actividades que realizamos con este personaxe van dirixidas
ós prelectores e primeiros lectores.
Todas as nosas Campañas
de Animación á Lectura, realizámolas en
galego, o personaxe fala, conta ou escenifica todos os contos
en galego, aínda aqueles dos que non exista traducción
publicada.
A representación gráfica
do Moucho realizouse en dúas actitudes: lendo polo día
e lendo pola noite, que é sobre todo cando le este Moucho
nas Bibliotecas de Cambre. Como os mouchos dormen de día,
aproveita as noites para ler nas bibliotecas e estar con todos
os personaxes dos contos. ¡Que mellor sitio para pasar
a noite un Moucho ó que lle gusta ler!. Durante o día
vive na pola dun carballo.
Sempre vai acompañado dun
libro e aproveita todo o tempo que pode para ler, de aí
o seu lema: “Un libro sempre comigo”.
A partir da data do seu nacemento,
iníciase o programa de animación á lectura:
“O moucho leroucho nas bibliotecas municipais”,
que se desenvolve segundo un calendario establecido, cada quince
días en cada unha das tres bibliotecas municipais, desde
o mes de outubro ata finais de maio. Esta programación
ten unha segunda parte nas escolas, nas catro visitas que fai
o Moucho ó longo do curso escolar ós centros de
educación infantil e 1º curso de Primaria, para
tomar contacto cos máis pequenos nas aulas, para lles
contar contos, representar historias, cantar, recitar…
Remata cunha gran Festa dos Contos,
onde sempre hai sorpresas.
O Moucho Leroucho ten tamén
cantidade de animais amigos e ás veces invítaos
ós seus encontros cos pequenos: pode ser unha ratiña
amiga da familia, unha curuxa, o Parrulo Rabudo,etc.
O personaxe do Moucho está
representado por David Pernas Lázaro, da Compañía
do Trinke-Trinke.
As sesións manteñen
unha estructura cunhas características singulares deste
moucho:
-
Este Moucho, como todos os mouchos, dorme polo día, polo
tanto, cando durante o día, se pon a contar contos quédase
durmido… Os nenos espértano, e el, moi sorprendido
esperta, sen saber onde se atopa, dando fortes brincos…
-
Leva un vistoso saco, que garda sempre sorpresas (sen que falten
os libros).
Temos que destacar nesta programación,
a participación activa da familia, xa que cada neno/a
pode asistir acompañado de adultos, e de feito ningún
ven só. Cremos que é unha maneira de implicar
á familia na lectura compartida e facelos partícipes
da actividade, para que poida ter unha continuidade nos fogares.
Ademais os adultos, en moitas ocasións, representan os
contos xunto cos máis pequenos.
En canto as catro visitas que
teñen lugar ás aulas de Educación Infantil
e 1º curso de Educación Primaria, hai que destacar
a colaboración dos mestres e mestras dos Colexios Públicos
de Cambre, que sen a súa entrega, o programa non podería
levarse a cabo .
Se facemos unha síntese
deste programa de animación á lectura, poderíamos
dicir que se sosotén nun personaxe: O Moucho Leroucho,
que se apoia en dous sólidos pilares: familia e escola,
interrelacionándoos e misturándoos coa biblioteca
nun labor de colaboración mútua, para facer do
libro un amigo que nos leva a mundos marabillosos e nos fai
partícipes do pracer de ler.
Este Programa de Animación
á Lectura foi premiado no 2003, por sexto ano consecutivo,
co premio de 200 libros na VI Campaña do Plan de Fomento
da Lectura do Ministerio de Educación, Cultura y Deportes,
a FEMP e a Fundación Coca-Cola España, para Bibliotecas
de Concellos de ata 50.000 habitantes. Na V Campaña,
no 2002, acadamos o Terceiro Premio, dotado con seis mil euros,
ademais do lote de libros. |
•
Imaxes das visitas do MOUCHO LEROUCHO. |
•
Actividade interna das tres
bibliotecas municipais. |
•
Resumo de actividade das tres bilbiotecas no
ano 2003. |
•
Volver á páxina principal
das Bibliotecas Municipais. |
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|