Castellano
Galego
Páxina principal   Agregar a Favoritos   Teléfonos e Email   Contacto   Farmacias de Guardia   Guías de Rúas   Punto Limpio   Transporte Público   Fundación Wenceslao Fernández Florez   Cursos   Encontros e contos nas Bibliotecas   OMIX   Xuventude.net   D.N.I.   Información Urbanística de Galicia   O Tempo en Cambre   Xunta de Galicia   Deputación da Coruña   Administración Electrónica   Terra das Mariñas   Rede de Información Xuvenil   Voluntariado Galego   El portal de la Unión Europea
19 CERTAME DE PINTURA "CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2002
   
BASES DO DÉCIMO NOVENO CERTAME DE PINTURA
"CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2002


1.- O Concello de Cambre convoca o DÉCIMO NOVENO CERTAME DE PINTURA "CONCELLO DE CAMBRE", dotado con 6.000 euros para o primeiro premio, 2.404 euros para o segundo e dous accésit.
O Concello de Cambre solicitará a exención do IRPF para os premios de contido económico, é dicir, o primeiro e segundo, de acordo co establecido no artigo 3 da Lei 18/1991, de 6 de xuño, do imposto da renda das persoas físicas. No caso de que tal exención non se conceda, se practicarán as correspondentes retencións deste imposto sobre as cantidades percibidas.

2.- Poderán concorre-los artistas de nacionalidade española e estranxeira residentes en España, que así o acrediten, cun máximo de dúas obras. Non poderán acceder ó primeiro e segundo premio aqueles artistas que xa fosen galardoados con estas distincións en anteriores edicións.

3.- Especificaciones:

3.1.- As dimensións serán: máximo de 150x150cm. e mínimo de 90x90cm. As obras que se presenten haberán de ser únicas e orixinais. Faranse sobre calquera tipo de material a excepción do vidro, con tema e técnica libre e enmarcadas cun listón.
3.2.- No dorso de cada obra deberán figurar: o título, medidas, prezo de venda ó público, nome e apelidos do autor e pseudónimo se o ten.
3.3.- Achegarán: fotocopia do DNI ou tarxeta de residente, breve "curriculum vitae" do autor, domicilio ou enderezo que o sustitúa, número de teléfono e unha foto a cores de cada cadro presentado. Esta documentación pasará a formar parte do Patrimonio do Concello de Cambre.

4.- A recepción das obras será durante o mes de setembro en horario de oficina, de 9 a 14 horas os días laborais e sábados de 9 a 13 horas. Remesarán ó Concello de Cambre, Atrio, n1 1, 15.660 CAMBRE (A Coruña). Teléfonos (981) 613.128-613.187.

5.- O xurado, unha vez reunido, comunicará en rolda de prensa, os premios acadados, e tamén as obras seleccionadas. A composición do xurado coñecerase dous días antes do dictame, reservándose o dereito a declarar algún premio deserto, se o estimase oportuno. O veredicto do xurado será inapelable.

6.- A entrega de premios terá lugar o día 29 de novembro, ás 20´30 horas, na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Cambre, quedando as obras seleccionadas expostas dende ese día ata o 30 de decembro.

7.- Realizarase un catálogo no que se incluirán as fotografías das
obras seleccionadas. Así mesmo, os autores das obras seleccionadas autorizan ó Concello de Cambre, cedéndolle os dereitos correspondentes de xeito exclusivo, a dispoñer da reproducción fotográfica das mesmas, a fin de que este as incorpore á páxina web municipal, para os efectos da súa transmisión vía INTERNET.
O Concello compormétese a incorporar, xunto á reprodución da obra, o nome e apelidos do seu autor.

8.- A obra correspondente ó primeiro e segundo premio, pasará a formar parte do Patrimonio Cultural do Concello.

9.- O Comité Organizador porá o meirande coidado no trato das obras, pero sen se responsabilizar dos danos que accidentalmente puidesen ocorrer.

10.- As obras non seleccionadas se poderán retirar durante o mes de novembro na Casa do Concello, en horario de oficina. Os autores seleccionados dispoñerán do mes de xaneiro de 2003 para retira-las obras. Transcorrido este período, non terán dereito a ningunha reclamación e pasarán a ser propiedade do Concello de Cambre.

11.- As obras recibidas mediante transporte de mercadorías ou correos, devolveranse ós seus autores pola axencia de transporte que este Concello considere oportuno, a non ser que as retiren persoalmente ou por persoa autorizada. Os gastos do traslado serán por conta dos participantes.

12.- O feito de participar neste certame presupón a aceptación das presentes bases.












Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento