| |
|
XXI CERTAME DE PINTURA "CONCELLO DE CAMBRE".
ANO 2004
|
| |
|
|
BASES DO VIXÉSIMOPRIMEIRO
CERTAME DE PINTURA
"CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2004
|
1.- O Concello de Cambre convoca
o XXI CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE, dotado con
7.000 euros para o primeiro premio, 2.500 euros para o segundo
e dous accésit.
O Concello de Cambre solicitará a exención
do IRPF para os premios de contido económico, é
dicir, o primeiro e segundo, de acordo co establecido no
artigo 7 da Lei 40/1998, de 9 de decembro, do imposto da
renda das persoas físicas. No caso de que tal exención
non se conceda, se practicarán as correspondentes
retencións deste imposto sobre as cantidades percibidas.
2.- Poderán concorrer
os artistas de nacionalidade española e estranxeira
residentes en España, que así o acrediten,
cun máximo de dúas obras. Non poderán
acceder ó primeiro e segundo premio aqueles artistas
que xa fosen galardoados con estas distincións en
anteriores edicións.
3.-
3.1.
As dimensións serán: 150x150 cm., o formato
máximo e 90x90 cm., o mínimo. As obras que
se presenten haberán de ser únicas e orixinais
e non premiadas noutro certame. Faranse sobre calquera tipo
de material a excepción do vidro, con tema e técnica
libre e enmarcadas cun listón.
3.2.
No dorso de cada obra deberán figurar: o título,
medidas, prezo de venda ó público, nome e
apelidos do autor e pseudónimo se o ten.
3.3.
Achegarán: fotocopia do DNI ou documentación
que o acredite como residente, breve “curriculum vitae”
do autor, enderezo, número de teléfono e unha
foto a cores de cada cadro presentado. Esta documentación
pasará a formar parte do Patrimonio do Concello de
Cambre.
4.- A recepción das
obras será durante o mes de setembro en horario de
oficina, de 9:00 a 14:00 horas os días laborables
e sábados de 9:00 a 13:00 horas. Remesarán
á Biblioteca Municipal Central, r/ Samosteiro, 4-B,
15660 CAMBRE (A Coruña). Telfs. 981 613193 - 981
675109.
5.- O xurado, unha vez reunido,
fará comunicación pública dos premios
acadados e das obras seleccionadas. A composición
do xurado coñecerase dous días antes do dictame,
reservándose o dereito a declarar algún premio
deserto, se o estimase oportuno. O veredicto do xurado será
inapelable.
6.- A entrega de premios terá
lugar o día 3 de decembro, ás 20:30 horas,
na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de
Cambre, quedando as obras seleccionadas expostas
dende ese día ata o 30 de decembro.
7.- Realizarase un catálogo
no que se incluirán as fotografías das obras
seleccionadas. Así mesmo, os autores das obras seleccionadas
autorizan ó Concello de Cambre, cedéndolle
os dereitos correspondentes de xeito exclusivo, a dispoñer
da reproducción fotográfica das mesmas, a
fin de que este as incorpore á páxina web
municipal, para os efectos da súa transmisión
vía internet. O Concello compormétese a incorporar,
xunto á reprodución da obra, o nome e apelidos
do seu autor.
8.- A obra correspondente
ó primeiro e segundo premio, pasará a formar
parte do Patrimonio Cultural do Concello.
9.- O Comité Organizador
porá o meirande coidado no trato das obras, pero
sen se responsabilizar dos danos que accidentalmente puidesen
ocorrer.
10.- As obras non seleccionadas
se poderán retirar durante o mes de novembro na Casa
do Concello, r/ Atrio, 1, en horario de oficina. Os autores
seleccionados dispoñerán do mes de xaneiro
de 2005 para retirar as obras. Transcorrido este período,
non terán dereito a ningunha reclamación e
pasarán a ser propiedade do Concello de Cambre.
11.- As obras recibidas mediante
transporte de mercadorías ou correos, devolveranse
ós seus autores pola axencia de transporte que este
Concello considere oportuno, a non ser que as retiren persoalmente
ou por persoa autorizada. Os gastos do traslado serán
por conta dos participantes.
12.- O feito de participar
neste certame presupón a aceptación das presentes
bases.
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|