| |
| XXI
CERTAME DE PINTURA "CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2004 |
| |
|
| ACTA
DO FALLO DO XURADO |
Na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal Central de Cambre, ás 14´00 horas do día vinte e tres de outubro de dous mil catro, baixo a presidencia do sr. alcalde, d. Antonio Varela Saavedra, reuníronse os señores membros do xurado: dona Eva Lootz, artista plástica; dona Rosa Tarruella, artista e profeosora da Universidade de Barcelona; dona Antonia Vilà, artista e profesora da Facultade de Belas Artes da Universidade de Barcelona; d. Luis Caruncho, pintor e d. Jaime Oiza, técnico conservador de Museos do Concello de A Coruña, asistidos polo secretario d. Xosé Cobas, para seleccionar e premiar as obras presentadas ao XXI CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE.
Unha vez examinadas, chegouse ó seguinte fallo:
PRIMEIRO PREMIO: Título: Paisaje rosa II
Autora: Noemí Otamendi Corrales
SEGUNDO PREMIO: Título: Sen Titulo
Autor: Enrique Jaspe López
ACCÉSIT: Título: Paradox Clowns #1#
Autor: Antón Cabaleiro
ACCÉSIT: Título: Rosebud: skate or die
Autor: Héctor Francesch
E para que conste e produza os oportunos efectos, expido
a presente en Cambre, co visto e prace do xurado e eu, Xosé
Cobas, como secretario do mesmo, dou fe.
V. e PR
O XURADO.
|
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|