| |
|
XXII CERTAME DE PINTURA "CONCELLO DE CAMBRE".
ANO 2006
|
| |
|
|
BASES DO VIXÉSIMO TERCEIRO
CERTAME DE PINTURA
"CONCELLO DE CAMBRE". ANO 2006
|
1.- O Concello de Cambre convoca o VIXÉSIMO TERCEIRO CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE, dotado con 7.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo e dous accésit.
O Concello de Cambre solicitará a exención do IRPF para os premios de contido económico, é dicir, o primeiro e segundo, de acordo co estabelecido no artigo 7 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto da renda das persoas físicas. No caso de que tal exención non se conceda, practicaranse as correspondentes retencións deste imposto sobre as cantidades percibidas.
2.- Poderán concorrer os artistas de nacionalidade española e estranxeira residentes en España, que así o acrediten, cun máximo de dúas obras. Non poderán acceder ao primeiro e segundo premio aqueles artistas que xa fosen galardoados con estas distincións en anteriores edicións.
3.-
3.1.
As dimensións serán: 165x165 cm, o formato máximo, e 90x90 cm, o mínimo. As obras que se presenten deberán ser únicas e orixinais e non premiadas noutro certame. Faranse sobre calquera tipo de material a excepción do vidro, con tema e técnica libre e enmarcadas cun listón.
3.2.
No dorso de cada obra deberán figurar: o título, medidas, prezo de venda ao público, nome e apelidos do autor e pseudónimo, se o ten.
3.3.
Achegarán: fotocopia do DNI ou documentación que o acredite como residente, breve currículo do autor, enderezo, número de teléfono e unha foto a cores de cada cadro presentado. Esta documentación pasará a formar parte do patrimonio do Concello de Cambre.
4.- A recepción das obras será durante o mes de setembro en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 horas os días laborábeis e sábados de 9:00 a 13:00 horas. Remitiranse á Biblioteca Municipal Central, r/ Samosteiro, núm. 4-B, 15660 CAMBRE (A Coruña). Teléfonos: 981 675 109 - 981 613 193.
5.- O xurado, unha vez reunido, fará comunicación pública dos premios acadados e das obras seleccionadas. A composición do xurado coñecerase dous días antes do ditame, reservándose o dereito a declarar algún premio deserto, se o estimase oportuno. O veredicto do xurado será inapelábel.
6.- A entrega de premios terá lugar o día 1 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Cambre, quedando as obras seleccionadas expostas dende ese día ata o 14 de xaneiro de 2007.
7.- Realizarase un catálogo no que se incluirán as fotografías das obras seleccionadas. Así mesmo, os autores das obras seleccionadas autorizan o Concello de Cambre, cedéndolle os dereitos correspondentes de xeito exclusivo, a dispoñer da reprodución fotográfica destas, co fin de que as incorpore á páxina web municipal, para os efectos da súa transmisión vía internet.
O Concello comprométese a incorporar, xunto á reprodución da obra, o nome e apelidos do seu autor.
8.- As obras correspondentes ao primeiro e segundo premio, pasarán a formar parte do patrimonio cultural do Concello.
9.- O comité organizador porá o meirande coidado no trato das obras, pero sen se responsabilizar dos danos que accidentalmente puidesen ocorrer.
10.- As obras non seleccionadas poderanse retirar durante o mes de novembro na Casa do Concello, r/ Atrio, núm. 1, en horario de oficina, de 9:00 a 14:00 horas os días laborábeis e sábados de 9:00 a 13:00 horas. Os autores seleccionados disporán dende o 17 de xaneiro de 2007 ata o 17 de febreiro para retirar as obras. Transcorrido este período, non terán dereito a ningunha reclamación e as obras pasarán a ser propiedade do Concello de Cambre.
11.- As obras recibidas mediante transporte de mercadorías ou correos devolveránselles aos seus autores pola axencia de transporte que este Concello considere oportuno, a non ser que as retiren persoalmente ou por persoa autorizada. Os gastos do traslado serán por conta dos participantes.
12.- O feito de participar neste certame presupón a aceptación das presentes bases.
|
|
|
|
| Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña) - Teléfonos - Buzón del Ayuntamiento |
|
|