Información sobre a Pegada Sonora

O pasado 21 de outubro de 2020 publicouse no BOE nº 278 o anuncio que inicia o trámite de información pública da proposta de delimitación das servidumes acústicas e o plan de acción do Aeroporto da Coruña. Finalmente, o Ministerio modificou a data para facer alegacións, ampliándoa ata o 29 de xaneiro de 2021.

Coa finalidade de facilitar aos veciños e veciñas o trámite de alegación, poñemos á súa disposición, tanto na web municipal como nos rexistros municipais (agás no Rexistro da Barcala que desde o 18 ao 24 incluído permanecerá pechado, abrindo de 9.00 a 14.00 o Rexistro do Temple), un modelo de instancia dirixido á Dirección Xeral de Aviación Civil dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que, unha vez cuberto poderá ser presentado nos devanditos Rexistros municipais de xeito presencial ou telematicamente. En caso de optar pola vía telemática, a instancia deberá presentarse directamente á Dirección Xeral de Aviación Civil.

Para acudir aos rexistros de xeito presencial é preciso pedir cita previa no teléfono 981 61 31 28 coa finalidade de evitar aglomeracións e poder manter as medidas de prevención anti COVID-19.

Tendo en contar todo o anterior, desde o Concello de Cambre publicamos a seguinte información:

  • Bando municipal con información sobre a pegada sonora
  • Listado de rúas afectadas polas servidumes acústicas
  • Trámite de alegación para os veciños e veciñas afectados
  • Plano das zonas afectadas