Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

« Voltar aos resultados

10 de Febreiro, 2017

Proceso de Escolarización 17/18

Circular da Concellería de Educación

 

Polo presente escrito infórmovos que o calendario do procedemento de admisión e matrícula para o vindeiro curso escolar 2017/18, segundo a normativa que o regula, de alumnado de nova inclusión nos centros docentes sustentados con fondos públicos no segundo ciclo da educación infantil é o seguinte:

 

-          Presentación da solicitude de admisión): do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

-          Cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta: O centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

-          Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

-          Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

-          Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro que elixa en primeiro lugar. A dita solicitude poderase recoller no centro docente elixido ou descargala na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

 

Entre outros documentos tedes que presentar, para acreditar o domicilio familiar, o certificado de Padrón municipal que vos achegamos para a vosa comodidade. Tamén vos achegamos un voante de Padrón municipal, por si o precisades, e as zonas de influencia de cada centro escolar público de Cambre con respecto ao domicilio familiar.

 

 

Arquivos:
Informacion_Admision_alumnos_17-18.doc

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal