Cambre, 20 de  novembro de 2018.  Os ábsides da igrexa románica de Santa María de Cambre “viaxarán” por todo o globo tras a aprobación do  Matasellos turístico de Correos do Concello que se presentou hoxe no salón de sesións.

O directivo da Sociedade Filatélica da Coruña, Andrés García Pascual, e o Xefe de Sector de Correos, José Manuel Costa, e o presidente da Sociedade Filatélica da Coruña, José Luís Rey Barreiro, presentaron o cuño xunto ao edil de Patrimonio, Moncho Boga.

O matasellos ou cuño ilústrase coa imaxe da Igrexa de Cambre, en concreto cos ábsides icónicos do municipio, unha iniciativa que potenciará e promocionará o patrimonio do municipio.

Segundo o concelleiro de Patrimonio, Ramón Boga, trátase de poñer en valor o patrimonio municipal do mesmo xeito que se levou a cabo con outras iniciativas culturais como a potenciación do castro cambrés co festexo da Galaicoi

Durante o acto se matasellaron distintas cartas e tarxetas postais co novo cuño turístico.

Este cuño turístico é, xunto ao do Concello da  Coruña, os únicos creados na comarca. A partir deste momento a Oficina de Correos de Cambre dispoñerá deste cuño o que permitirá aos clientes, e particularmente, aos filatélicos e aos turistas, cancelar os seus envíos franqueados con selos con imaxes representativas e emblemáticas da contorna, que desta maneira, poderá viaxar por todo o mundo a través da rede postal.

Nos últimos tempos este tipo de cuños adquiriron valor polo seu relevante impacto no coleccionismo filatélico, ao representar o seu sinal unha comunicación dos grandes acontecementos, da arquitectura, da historia e dos valores e dos logros da nosa sociedade, que reforza a imaxe e presenza do selo de Correos.