Imaxe da XXVIII Carreira Popular

Cambre,  1 de agosto de 2018.  A XXXIX Carreira Popular ‘Concello de Cambre’, que se vai celebrar o 15 deste mes, ten aberta xa a súa inscrición na plataforma dixital www.carreirasgalegas.com. Anotarse é de balde, pero é preciso facelo antes das 20:00 horas do 12 de agosto. A cita é unha das 30 probas incorporadas no VI Circuíto de arreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolven ao longo de 2018.

Un xeito fantástico de gozar do festivo do 15 de agosto é facendo deporte e na XXXIX Carreira Popular ‘Concello de Cambre’ teñen sitio todas as categorías. Eso si, cada unha contará cun percorrido diferente, con distancias más curtas para os máis cativos. Así, os Adultos afrontarán 7,58 quilómetros, mentres que os Sub18, Sub16 e Sub14 correrán 2,8 quilómetros, o Sub12 so un, os Sub10 medio, e os Mini 0,15 quilómetros. A organización desta proba corre por conta do Concello de Cambre e da Federación Galega de Atletismo.

Premio para o primero cambrés e moitos máis

No que atinxe aos premios, haberá medallas para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, agás os na mini, aí os corredores recibirán un agasallo.

Outros dos premios en xogo nesta competición son os seguintes:

  • Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
  • Trofeo ao corredor/a de menor idade que termine a proba.
  • Trofeo ao primeiro e primeira atleta clasificado/a do Concello de Cambre, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo.

A saída da competición sitúase no Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro localizado detrás do Concello.  A recollida de dorsais se realizará no propio Pabillón Sofía Toro de Cambre o martes 14 de agosto de 17:00 a 21:30. Tamén poderán recollerse o mesmo día da carreira, mércores 15 de agosto, entre as 9:15 h e as 10:30 horas. Para evitar aglomeracións de última hora recoméndase ir cedo.

Pódese consultar o regulamento completo da proba en www.carreirasgalegas.com.