Cambre,  4 de  setembro de 2018. O Concello de Cambre aprobou hoxe a adxudicación da atuación de mellora da seguridade viaria entre as rúas Otero Pedraio e A Coutelana, no Temple, incluída no POS+ Adicional polo prezo ofertado de  49.279,09 euros IVE incluído.

Proxéctase dar continuade á beirarrúa da marxe dereita desde A Coutelana ata conectar coa xa existente na rúa Otero Pedraio cunha beirarrúa de ancho variable entre 2 e 3 m e acabado superficial de aglomerado.

Na marxe das naves do PI Temple proxéctase construír a beirarrúa separada e máis elevada que a calzada, de forma que discorra pegada á nave.

Executarase unha nova rede de pluviales formada por dúas colectores que iscurrirán polas dúas marxes da calzada de modo que evacuen a auga recolleita nos imbornales a través dunha arqueta situada ao pé da aleta da autopista. O novo paso de peóns será elevado para reducir a velocidade dos vehículos.

Ampliarase o ancho de calzada dispoñible á altura da nave, desmontando o terreo actual e finalmente se pavimentará toda a calzada cunha capa de 5 cm de D-12 e procederase a realizar á señalización horizontal e reposición da vertical.