Cambre,  29 de  decembro de 2018. O Pleno da Corporación Municipal aprobou  os Orzamentos do 2019 cos  votos a prol do goberno local (Uxc, PSOE E BNG), as abstencións de Asamblea Cidadá de Cambre, Ciudadanos e edil non adscrito, e o voto en contra do PP.  Un documento contable equilibrado en gastos e ingresos, sendo o seu importe de 17.601.546,35 euros o que representa, en termos xerais, un aumento dun 2,65% respecto do orzamento do exercicio 2018.

O alcalde, Óscar García Patiño, agradeceu aos grupos políticos as súas aportacións aos ornamentos e apuntou que seguirá mellorando a campaña de ornamentos participativos Decidámolo Xuntos para que chegue a todos os veciños e veciñas de Cambre. Tamén lembroulle ao Partido Popular que foron os únicos que en catro ornamentos consecutivos non fixeron ningunha achega ao orzamento.

En canto aos investimentos, o importe é de 2.059.899,19 €, o que supón un 11,70% do Orzamento. Mantense prácticamente igual con respecto ao exercizo. Cabe sinalar a continuación do programa de orzamentos participativos  “Decidámolo xuntos” no que se escoitan as aportacións dos grupos municipais, asociacións, así como as aportacións dos veciños quixesen levar a cabo. Neste censo, continua unha obra plurianual que será senlleira no concello de Cambre como é a Construción dun Auditorio municipal con Biblioteca.

-Por outra parte, o orzamento contempla como prioritarias na aplicación do  remanente do 2018 as actuacións relativas as gradas del campo de fútbol de Os Pinares en Brexo-Lema e o edificio sociocultural de Cela.

No capítulo de persoal o seu importe ascende a 6.041.044,78 €, o que supón un 34,32 % do Orzamento de Gastos. Sigue baixando o seu peso específico no orzamento e continúa a primarse o concepto produtividade así como o cumprimento de obxectivos. Non se establece ningún aumento retributivo individualizado á espera do regulado pola futura lei de orzamentos xerais para o ano 2019 deixando unha partida residual que poderá asumir unha potencial suba do 2,75%. Este aforro derívase para máis persoal de servizos. Destaca que o capítulo de persoal perde peso porcentual no orzamento do concello de Cambre en prol de servizos e investimentos.

No capítulo de Servizos, que ascende a 8.031.323,76 €, o que en termos porcentuais supón o 45,62% do total e un aumento con respecto ó orzamento 2018 nun 10,90%.

Auméntase considerablemente a partida de servizos sociais nun 20% que pasa dos 1.504.490 euros a 1.800.000 euros no 2019. para intentar dar resposta as inxentes demandas de axuda no fogar. Tamén aumenta a partida de cursos en emprego para poder seguir organizando cursos propios dende o concello.

Tamén se ve incrementada a área de cultura e deportes para facer máis actividades así como as partidas de Policía para poder impartir cursos de seguridade viaria e poder dar cobertura ao contrato da grúa continuando na linea do exercicio anterior.

En canto á débeda destínase unha cantidade de 23.958,59 €, destinada ó pago de intereses derivados das operacións de crédito concertadas polo Concello. Así mesmo dótanse os créditos para afrontar outros gastos financeiros liquidados polas Entidades financeiras como consecuencia de comisións. Este capítulo redúcese nun 44,71% debido principalmente a tendencia descendente dos tipos de xuro. Consígnase outra cantidade de 179.851,73 €, o que implica un 1,02 % do orzamento co fin de dar cobertura á carga financeira das amortizacións de capital dos préstamos vixentes no exercicio 2019 así como a amortización anticipada do PAI da Excma. Deputación da Coruña.

En canto ás subvencións consígnase neste capítulo unha cantidade de 1.240.468,98 €, que supón un 7,05 % do importe do orzamento co fin de facer fronte ás subvencións por becas de estudio, axudas por emerxencias sociais, festas parroquiais e patronais, asociacións deportivas e culturais, entidades supramunicipais así como a outras entidades. Destaca neste capítulo o aumento da partida para a Escola de Música e a inclusión da partida para asociación Adra cunha labor no ámbito do banco de alimentos e de interese público.

É salientable a conversión das subvencións a asociacións de empresarios que en exercicios anteriores tiñan carácter de nominativas pasan a tramitarse pola modalidade de libre concurrencia en consonancia cos obxectivos do plan estratéxico de subvencións.

En canto aos ingresos estímanse en 6.317.175,51 €, o que representa un 35,89% sobre o orzamento total.  Os impostos indirectos estimáronse en 250.000,00 €, o que representa 1,42 %. Tamén consignáronse 2.895.700,00 € en concepto de taxas e prezos públicos, este capítulo supón un 16,45% do total das previsións de ingresos. As estimacións efectuáronse partindo do orzamento en vigor tomando certos repuntes en alguns ingresos tales como a taxa urbanística, vinculada ás inspeccións anteriormente citadas e algunhas estimadas á baixa para intentar aproximarse o máximo á realidade sen perder a referencia aos correspondentes padróns, no seu caso.

En canto ás transferencias correntes a percibir prevense en 7.520.050,91 € que constituen o 42,72 % das previsións para 2019, cantidade na que se inclúen as previsións de ingresos procedentes da Participación nos Tributos do Estado (por criterios de prudencia o estimado para o 2018), Fondo de Cooperación Local así como outras subvencións adicadas a actividades sociais, culturais e deportivas que reiteradamente se veñen percibindo polo Concello.

 

Cadro investimentos: