• O concurso comezará o próximo luns día 15 de abril e rematará o martes día 30 de abril.
  • Os participantes deberán subir ao seu espazo persoal de forma pública en, polo menos una das redes sociais (Facebook, Twittero ou Instragram), unha fotografía tipo  selfie na que se poña en valor algún elemento do patrimonio  cambrés (natural, arquitectónico, cultural, paisaxístico, etc.) xunto coa etiqueta “# Faiteuncambrie”.
  • O/a gañador/a desta categoría recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung  Galaxy a7 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Cambre,  2 de  abril de 2019. O Concello de Cambre vén de convocar a terceira edición do Concurso de Selfies “Faiteuncambrie” que ten como obxectivo poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do concello.

O concurso comezará o próximo luns día 15 de abril e rematará o martes día 30 de abril. Os participantes deberán subir ao seu espazo persoal de forma pública en, polo menos una das redes sociais (Facebook, Twittero ou Instragram), unha fotografía tipo  selfie na que se poña en valor algún elemento do patrimonio  cambrés (natural, arquitectónico, cultural, paisaxístico, etc.) xunto coa etiqueta “# Faiteuncambrie”.

Rematado o prazo de participación, un xurado, designado para os efectos polo Concello de Cambre e composto por expertos en fotografía, procederá á análise das imaxes e outorgará seis premios:

Premios

Mellor Selfie: Haberá un 1.º Premio ao mellor selfie que poña en valor a imaxe do patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio. O/a gañador/a desta categoría recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung  Galaxy a7 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

O segundo Premio nesta categoría recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Mellor Selfie Grupal: Premiarase a imaxe máis orixinal en que aparezan polo menos dúas persoas. O autor do selfie recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J6 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.  E o Segundo Mellor Selfie Grupal recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Mellor Selfie máis divertido: O Selfie máis divertido recibirá un teléfono móbil de última xeración Samsung Galaxy J4 e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre. E o segundo Selfie máis divertido recibirá un pau selfie e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

Segundo o alcalde de Cambre. Óscar García Patiño, o concurso tenta potenciar e poñer en valor a paisaxe natural e o patrimonio cambres a través da tecnoloxía. “O noso interese é dar a coñecer os recunchos máis fermosos do noso municipio utilizando as novas tecnoloxías como canal de comunicación efectivo”, apuntou.