Cambre, 6 de agosto de 2018. O pasado mércores, o CERSIA en Santiago acolleu a primeira xuntanza de coordinación e preparación para a próxima campaña En negro contra as violencias, na que participaron representantes de 60 concellos e das deputacións da Coruña e Lugo.
A concelleira de igualdade, María Jesús Gómez, estivo presente e confirmou a continuidade de Cambre na campaña deste ano, na que se espera poidan chegar a participar 100 concellos de toda Galicia.
O pasado ano tivo moi boa acollida no concello, na que se implicaron máis de 200 establecementos e axentes sociais e este ano non podemos mais que intentar mellorala, facendo que a mensaxe de rexeitamento da veciñanza contra calquera tipo de violencia contra as mulleres, chegue ao maior número de persoas, tinguindo de negro Cambre e Galicia en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista.