Cambre, 4 de xaneiro de 2019.   Hoxe entregáronse os diplomas dos cursos de formación dirixido a mulleres víctimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade no local socio cultural da Barcala. Estiveron presentes o Alcalde, Oscar García Patiño, o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto Peteiro, a concelleira de igualdade María Jesús Gómez González, e o concelleiro de Servizos Sociais, Juan Evaristo Rodríguez Vázquez.

O pasado mes de xullo asinouse un convenio coa Fundación Amigos de Galicia, para o desenvolvemento do programa EM-FEMENINO, subvencionado pola Deputación de A Coruña.

A partir do 20 de Agosto ponse en marcha o servizo de orientación laboral dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero ou en situación de vulnerabilidade. Realizáronse entrevistas individuais e itinerarios de inserción laboral a un total de 28 mulleres.

10 destas mulleres realizaron o curso de “Camareira de pisos en aloxamentos”,  do 21 ao 27 de decembro, seis horas diarias, con un resultado moi positivo.