Imagen ©2018 Google, Inst. Geogr. Nacional

Paseo dos Templarios. Imagen ©2018 Google, Inst. Geogr. Nacional

Cambre,  30 de  agosto de 2018.  O Concello licita as obras de mellora do Paseo dos Templarios cun orzamento de 55.444,21 euros, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2018 e que afectan a un tramo de de 200 metros de lonxitude comprendido entre o Colexio Portofaro e a biblioteca municipal.

O  Paseo dos Templarios conta cunha zona peatonal, calzada para o tráfico rodado e zonas axardinadas co arbolado, farolas e bancos.

Durante anos pola marxe da calzada situado ao lado de ría, existen unhas isletas axardinadas que separan a calzada da zona peaonil do paseo e que son utilizadas como aparcadoiro polos vehículos ante a falta de prazas para vehículos.

Atopanse completamente deterioradas e sen vexetación, o que afea considerablemente a estética de todo o paseo, non só polo seu estado, senón pola mala imaxe que dan os coches subidos ás mesmas.

A actuación tenta acondicionar as mencionadas isletas como prazas de aparcamiento, aliviando, deste xeito, a escaseza de prazas de aparcamento en todo o paseo.

E para compensar na medida do posible a perda das zonas axardinas coas actuacións propostas, prevese a construción de novas isletas entre as prazas de aparcadoiro. A superficie verde que se xeraría sería de 20 m2, e colocaríanse 9 novas árbores.

O proxecto inclue as obras de construcción das prazas de estacionamento e a instalación da rede de abastecemento e rego.