Cambre, 24 de xullo de 2018.  O Concello de Cambre levará a cabo o peche perimetral do polideportivo Portofaro, unha demanda da comunidade educativa desde hai anos. O orzamento total estímase en  108.900 euros e as obras do proxecto que se propón consisten na construción do cerramento dun polideportivo.

Este polideportivo no seu estado actual está formado pola pista de xogo e a estrutura que soporta a cuberta do mesmo, formada por alicerces prefabricados de formigón armado e un armazón de madeira  laminada, carecendo de cerramento perimetral en todas as súas fachadas.

As obras que se proxectan consisten en dotar á instalación deportiva dun cerramento nas súas catro fachadas, formado por unha combinación de paneis prefabricados de formigón armado, na parte inferior, e láminas de  policarbonato, no resto da altura ata alcanzar a cuberta. O conxunto, paneis de formigón e láminas de  policarbonato, colocaranse entre os alicerces da estrutura, aos cales irán ancorados, descansando o seu peso sobre un  murete de formigón armado que se construirá para este fin sobre as vigas de atado da cimentación existente.

Ademais da construción do cerramento, aumentarase a superficie da soleira en todo o seu perímetro ata alcanzar o novo cerramento.

No equinas nordés e sueste da instalación non se colocarán os paneis de formigón, dotando así ao polideportivo de dúas entradas – saídas. Nos fondos das porterías instalaranse unhas redes de protección que cubran toda a superficie ocupada polas láminas de  policarbonato.


Documentos: