O orzamento de licitación é de 87.500 euros e ten un prazo de execución de dous meses.

Cambre, 2 de agosto de 2017. O Concello de Cambre licita as obras de “Reforma das pistas polideportivas cubertas dos Campóns (Sigrás) e Bernardo Bish (Brexo)”, cun orzamento base de licitación de 87.517,96 euros (IVE excluído), incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2017”.

O prazo de execución é de dous meses. No polideportivo de Sigrás atópase a pista polideportiva na que xoga as competicións o equipo local de hockey sobre patíns. Actualmente o estado non é o axeitado para a realización de competicións oficiais por mor do deteioro dol pavimento. O proxecto plantexa a reparación do chan e o peche perimetral da pista.

Deste xeito, adaptarase ás normas regulamentarias do patinaxe sobre hockey que en España constitúea a Normativa de Instalacións Deportivas (NIDE), que establece as condicións que debe cumprir o campo de xogo. Por outra banda, o polideportivo Bernardo Bish de Brexo-Lema é utilizado para a práctica de distintos deportes e tamén é necesario un novo acondicionamento do chan.