Cambre, 27 de abril de 2018. Decenas de veciños e políticos, curtaron un carril da N-550, á altura da Rocha, para esixir a Fomento, unha vez máis a execución inmediata das obras de mellora de seguridade viaria. O alcalde, Óscar García Patiño, encabezou a mobilización xunto a todo o goberno local e a decenas de veciños, e políticos da bisbarra.

Ante os repetidos accidentes no cruzamento e as frecuentes avarías dos semáforos, García Patiño solicitou ao Ministerio de Fomento que mentras non se executa a obra, cuyo proxecto constructivo se aprobou onte (casualmente), elimine os semáforos e bloquee os carrís centrais para obrigar aos condutores a facer a rotonda, aínda que sexa provisional. Isto permitiría que ao cruzamento o funcionamento como rotonda antes a dúa transformación definitiva.

“Queremos que os proxectos e as partidas dos orzamentos previstas para a Rocha desde hai anos se executen. Esperemos que Fomento licite a obra canto antes porque en xogo está a vida de moitos veciños e veciñas. A nosa petición para a rotonda provisional é sinxela e non custa nada. Os semáforos son un perigo real e temos que acabar con eles”, apuntou.