• Esta actuación forma parte do programa das Letras Galegas do Concello de Cambre, que inclúe tamén actividades culturais que se desenvolverán ao longo de tres días.

 

Cambre, 15 de maio de 2019. Concello de Cambre celebra as Letras Galegas con tres días de actividades culturais que inclúen concertos e xogos para os máis pequenos, entre outras cousas.

A programación comezará o 17 de maio coa Asociación Cultural Barballocas e a súa representación de “O estorniño Nino” no Centro Sociocultural do Graxal. Esta actividade, que se celebrará ás 17:00 horas, está organizada pola concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade e contará coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

As actividades continuarán ao día seguinte, 18 de maio, con actos organizados pola concellería de Cultura, Deporte e Mobilidade con motivo da celebración dos 20 anos de Susana Seivane no mundo da música como intérprete profesional, e o 80 aniversario do obradoiro Gaitas Seivane. As actividades darán comezo a partir das 18:00 horas co obradoiro de baile tradicional de Pablo Díaz e Olga Kirk. Esta actividade, dirixida a nenos de 4 a 11 anos, terá lugar no local social de Samosteiro. A Musicleta comezará a súa actuación ás 19:00 horas interpretando pezas populares nun pasacalles, despois do que se sucederá a actuación da Banda de Gaitas Invernía. O prato forte do día será ás 21:00 horas coa actuación de Susana Seivane no Campo da Feira, na que intervirán David Perdomo, Banda de Gaitas Invernía e a familia Seivane.

O 19 de maio será o peche das actividades co Concerto Letras Galegas a cargo da Asociación Sementeira de Cambre no Anfiteatro do Parque da Igrexa ás 13:00 h. Para acabar o día, ás 19:00 h, no mesmo lugar, terá lugar o espectáculo “Papar sen Cancelas”, que en caso de choiva se trasladará ao Centro Sociocultural do Graxal.