Cambre,  28 de  agosto de 2018. Hoxe deron comezo as obras que permitirán ampliar en máis de 3.000 metros cadrados a superficie actual do Parque da Igrexa.

As obras consisten en abrir unha entrada cara á parcela amurallada que é coñecida como a horta do Cura, e que durante anos foi únicamente utilizada pola rectoral, aínda que no planeamento municipal é chan público.

Abrirase un acceso desde a beirarrúa da estrada da Estación e para conectalo co parque actual eliminarase o paramento que da o auditorio do parque da igresa.

O proxecto  prevé reducir a altura de todo o muro que linda co parque para conseguir un espazo aberto para uso público. O muro pétreo non desaparecerá, senón que se reutilizará como banco baixo, cunha altura menor ao metro.

As obras desta primeira fase concluíran a  mediados do mes de setembro. O plan para reordenar esta contorna continuará nunha segunda fase o próximo outono, que consistirá en executar unha senda peatonal desde o anfiteatro ata a beirarrúa da estrada da estación.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, hembra que o Concello reclamou no 2016 ao Arzobispado a recuperación deste terreo xa que, malia estar amurallado e ser utilizado de forma privativa pola Igrexa, é de titularidad pública.