Cambre,  22 de xuño de 2018.  O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que na reunión celebrada hoxe, na que estivo presente a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e os alcaldes da comarca, confirmouse o que leva dous anos advertindo: “O enlace da AP-9 e a Vía Artabra terá peaxes”, malia as afirmacións da responsable autonómica nas que aseguraba o pasado ano  que o entronque sería gratuíto.

Hoxe, segundo o alcalde, Vázquez confirmou que primeiro se fará o entronque e despois negociará con Autopistas e Fomento a gratuidad do acceso, algo que Patiño ve inconcibible. “Queren facer unhas obras con praias de peaxe, e despois negociar que sexa libre do mesmo. É imcomprensible e seguiremos loitando para que isto non suceda”.

En canto ao entronque na Gándara que defende Vázquez, García Patiño advertiu que non conta cos preceptivos informes de Fomento, que incumple o plan viario de 2004 e que se tramitou cunha única solución técnica, e polo tanto trátase unha actuación que difícilmente contará co visto bo de Fomento. “Seguimos apostando polo enlace en Catro Camiños posto que na “suposta” contestación ás alegaciones non se achegou un informe técnico que exprasase a incompatibilidad de levar o entronque a Catro Camiños”.

Vázquez avanzou que se solicitará a Demarcación de Estradas o informe preceptivo para poder enlazar a vía Ártabra coa AP-9. García Patiño recorda que ese informe é o que leva pedindo Cambre desde fai tres anos cando a Xunta avanzou que quería acometer o enlace na Gándara.

Os municipios afectados acordaron en máis dunha ocasión a continuidade do vial, polo menos entre a N-VI e AP-9 e libre de peaxe, aínda que a día de hoxe esta última reivindicación non está garantida pola Xunta de Galicia.

Neste senso, Cambre propuso cinco enlaces en Catro Camiños atendendo as propias determinacións do Plan Sectorial, que contemplaba  completar o enlace en Catro Camiños (Cecebre) e libre de peaxe.