Cambre, 20 de xuño de 2018. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no “I Concurso de deseño da camiseta oficial do XXVII Rock in Cambre”.

As bases, publicadas no BOP do mércores 20 de xuño de 2018, poderán consultarse tamén na páxina web do Concello de Cambre.

O prazo para participar neste concurso, destinado a calquera persoa maior de 16 anos, remata o 30 de xuño de 2018.

O fallo farase público o 4 de xullo e o/a gañador/a do concurso obterá dous pases VIP válidos para acceder ao back stage do XXVII Rock in Cambre e dúas camisetas do festival.


Documentos: