Cambre, 12 de decembro de 2017.   O Concello  de Cambre a través  da Concellería de Cultura organiza un nao máis polo Nadal a visita do Apalpador co obxectivo de recuperar esta tradición galega e para dinamizar as parroquias rurais e os núcleos urbanos. A figura do Apalpador achegarase aos centros sociais do municipio cunha actividade para os nenos entre 0 e 8 anos.

A concellaría lembra que para o desenvolvemento do evento é fundamental a implicación e o apoio das asociacións  de cada unha das parroquias. A actividade desenvolvese por medio dun contacontos e manualidades que interpretará unha personaxe da mitoloxía  galega  que se preocupaba da alimentación dos nenos e nenas, O Apalpador, perdeu  no seu día protagonismo a favor de Papa Noel, grazas a sociedade de consumo. Asemade haberá un agasallo para cada un dos nenos que  se acheguen a ver ao apalpador.

O  percorrido do Apalpador comezará o día 16  no Local Social do Souto en Sigrás ás 17.00 h e rematará ás 18.30 no Local de San Lourenzo.  Seguirá polas polas parroquias de Santa María de Vigo (día 23, 17.30 horas) , Andeiro (día 23, 19.00 horas), Cela (día 27 ás 16.00 horas). Brexo Lema (día 27 ás 17.30 horas), Bribes (Día 27 ás 19.00 horas), A Barcala (día 28, 19.00 horas), Temple (día 28, 17.30 horas),  Cambre (día 29, 19.00 horas), Cecebre (día 29 ás 17.30 horas),  Meixigo (día 30, 16.00 horas),  Pravio (día 30, 19.00 horas),   Anceis ((ía 30, 17.30 horas). Finalmente o día 24 de decembro haberá unha visita ao salón de plenos do Concello ás 12.00 horas.

O  concelleiro de Cultura, Daniel Carballada, asegura que unha das súas responsabilidades é recuperar as tradicións populares “e o apalpador é unha delas”.