Cambre,  28 de  decembro de 2018. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Deportes, Brais Cubeiro, reuníronse cos representantes dos clubs de fútbol do municipio que utilizan os campos de Lendoiro, na Barcala, e dos Pinares, de Brexo Lema, co fin de darlles participación no desenrolo do proxecto de construcción das gradas para estes dous campos municipales.

O arquitecto municipal presentoulles o borrador do proxecto construtivo aos representantes das entidades deportivas co fin de que sinalasen as melloras oportunas. Os clubs leváronse copia do proxecto para estudalas e advertir despois ao Concello das posibles melloras no proxecto.

Ambos os proxectos contemplan a instalación de cinco vestiarios nos baixos dos graderios, a instalación dunha cafetería acristalada na parte superior, un ascensor, bancadas para 300 asentos, aula técnica, gimnasio e almacéns varios.