O Concello tamén está traballando no contrato do servizo de mantemento de todas as paradas de bus públicas e municipais.

 

Cambre, 22 de maio de 2019. Concello de Cambre adxudicou as obras para reformar máis de 20 marquesiñas no municipio, que se atopaban danadas ou en mal estado. Unha medida que busca mellorar a seguridade viaria do concello e a conservación das infraestruturas públicas locais. As tarefas comezarán proximamente e durarán un mes.

O equipo de goberno local quixo destacar que os técnicos do Concello están traballando actualmente no contrato de mantemento de todas as marquesiñas públicas e municipais. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, está a impulsar este convenio para conseguir que as instalacións onde os peóns deben agardar a que pase o autobús estean en boas condicións e sexan seguras.