Cambre, 27 de agosto de 2018. O antigo centro de saúde do Temple reformouse para acoller un espazo de usos múltiples municipal que entre outros acollerá o rexistro ata agora estaba en Casa Palmeiras.
Co fin de revitalizar este espazo público e de liberar espazo na Casa da Xuventude do Temple o goberno local decidiu trasladar o rexistro municipal do Temple ao baixo situada no Paseo Marítimo.
A partir do 3 de setembro os veciños e veciñas poderán rexistrar os seus escritos e realizar as súas xestións neste novo espazo municipal.
O horario de verán mantense ata o 15 de setembro (8.30 a 10.30) e no inverno no seu horario habital (8.30 a 11.00 horas).
O novo rexistro conta cun maior espazo para a realización dos trámites co que mellorará a atención dos cidadáns.
Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, o espazo libre de Casa Palmeiras que deixará o rexistro actual dedicarase plenamente á xuventude. Deste xeito, gañará o espazo de toda a planta baixa para realizar actividades xuvenís.
Tras o traslado do persoal ao novo centro de saúde o Sergas devolveu este baixo ao Concello, titular do inmoble. Realizouse un traballo de acondicionamento nas dependencias para a súa posta en marcha como rexistro.