Debido á alerta da da axencia estatal de meteoroloxía por fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento, con refachos máximos de 120 km/h.

http://www.axega112.gal/gl/alertas_activas

Alerta Laranxa Vento Actualización

Dende: 6 Xuño, 2019 – 12:00

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín núm. 52/71GAL emitido o día 05/06/2019 ás 22:11 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS do SW con refachos de ata 120 km/h que afectará a A Coruña (NW, W e SW) e Pontevedra (Rias Baixas) comezando ás 12:00 horas do día 06/06/2019 e prolongándose ata últimas horas da noite do mesmo día.

Así mesmo con VENTOS do SW con refachos de ata 100 km/h que afectará a A Coruña (Interior) e Pontevedra (Interior e Miño) comezando ás 12:00 horas do día 06/06/2019 e prolongándose ata últimas horas da tarde do mesmo día.

No mesmo orde, VENTOS do SW con refachos de ata 110 km/h que afectará a Lugo ( A Mariña) comezando ás 15:00 horas do día 06/06/2019 e prolongándose ata últimas horas da tarde do mesmo día.

A tenor do alertado RECOMÉNDASE:
• Evitar as actividades ao exterior.
• Evitaros desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.
• Recordar que co vento o mobiliario urbano puido terse desprazado e os restos de árbores e pólas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.
• Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.
• Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.
• Retirardas fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
• Lembrar que o efecto de arrastre das choivas acaecidas pode provocar o desprendemento de terra e pedras.