Cambre, 1 de decembro de 2018.  A Asociación de Veciños de Sigrás solicitou o apoio do Concello de Cambre para esixirlle á Xunta a construcción das beirarrúas na AC214, nos tramos dese a N550 ata o Mesón Vasco, na Xira, e da Casilla ata o centro de Cambre. O Concello xa lle remitiu hai anos os terreos e os puxo a disposición do ente autonómico para fecr unas obras que eles mesmos anunciaron a bombo e platillo no 2014. Catro anos despois non se sabe nada delas e o perigo e falta de seguridade para a veciñanza é moi preocupante.

A propia asociación enviou no mes de agosto unha carta a Infraestruturas para saber en qué fase se atopaban estas obras pero a día de hoxe non ten desposta da Xunta. Fartos desta situación veciños e concello aunan forzas para lograr que se ejecuten estas beirarrúas.

Anuncian que levarán a cabo no mes de  xaneiro un corte na estrada AC214 á altura da Xira como protesta pola desidia do ente autonómico e para que se constate o perigo que corren a diario os seus veciños. O Concello e os veciños fan un chamamento para todos os grupos políticos da Corporación, toda a veciñanza do municipio co obxectivo de aunas forzas para que se fagan as beirarrúas.

O Concello de Cambre enviou no mes de abril de 2016 a cesión dos terreos da Xira, en Sigrás, para a realización da actuación en seguridade viaria que anunciou a Consellería de Infraestruturas en 2014. Tamén enviáronse no 2017 as cesións da Casilla do Mesón Vasco ata o centro de Cambre.

Tres anos despois da contratación e realización do proxecto construtivo da ampliación da AC-214 desde o Mesón Vasco ata a Nacional 550, non se sabe nada.

Segundo o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, enviáronse varios requirimentos de información para saber o estado do proxecto de execución das beirarrúas e a ampliación dun viario que carece de seguridade e que non garante o paso dos veciños da zona de forma segura. Lembra que durante meses o departamento de Urbanismo e especialmente varios veciños de Sigrás levaron a cabo un labor extraordinario para conseguir as cesións dos propietarios das parcelas que lindan coa estrada co obxectivo de facilitar e abaratar os custos á Xunta.

“Este vial é unha arteria fundamental de tráfico no noso Concello e non conta coa seguridade para os peóns que se xogan a vida a diario por un escaso arcén e con pouca visibilidade. O que non entendemos e que en 2014 a Xunta anunciase a obra a bombo e platillo e agora non quera saber nada desta. Estaban daquela preto as eleccións supoño, Pero aquí están en xogo vidas e non votos”.