A axenda cultural de Cambre de setembro vén cargada de actividades e eventos pensados para os máis cativos da casa. Durante este mes, os nenos e nenas poderán gozar de sesións de contos, obradoiros, teatro e música. As bibliotecas municipais de Cambre serán o escenario destas actividades, que están cofinanciadas pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.

A primeira delas terá lugar na biblioteca Os Templarios. Será o martes 17 de setembro ás 18.30 horas. Ese día, a compañía Migallas Teatro aterrará na instalación municipal con Elas pintan moito, unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. Está dirixida para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos (incluídos).

Ao día seguinte, o mércores 18 de setembro ás 17.30 horas, Migallas Teatro levará, á biblioteca central de Cambre, a función Canta connosco!, na que se combinan cancións con accións dramáticas. Está destinada a rapaces de entre 4 e 11 anos (incluídos).

O día 19 de setembro, os bebés de entre 0 e 3 anos (incluídos) poderán gozar da actividade Que animaliño é?. Esta levarase a cabo na biblioteca municipal Os Templarios ás 18.30 horas.

Por último, como broche final á programación infantil, o venres 20 de setembro ás 17.30 horas, terá lugar un obradoiro de cartón na biblioteca Xabier P. Docampo. A actividade dispón de 30 prazas para neno se nenas de 8 anos en adiante.

Para participar en calquera das actividades é necesario anotarse previamente. O período de inscrición está aberto desde o pasado 9 de setembro. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar coas bibliotecas nos seguintes teléfonos:

– Biblioteca central de Cambre: 981 67 51 09.

– Biblioteca Os Templarios: 981 66 14 58.

– Biblioteca Xabier P. Docampo: 981 66 52 36.