A concellaría de Deportes en colaboración co Club Náutico de Cambre vén de convocar a I San Silvestre Acuática en piragua polo río Mero que terá lugar o vindeiro día 31 de decembro ás 12.00 horas. A saída terá lugar na zona do polígono industrial “Os Muiños” (A Barcala). O percorrido desde a ponte medieval do Burgo ata A Telva (ida e volta), aproximadamente 2,5 quilómetros. Segundo o concelleiro de Deportes, Brais Cubeiro, a idea é pasar unha mañá lúdica no derradeiro día do ano cunha especialidade deportiva divertida en un dos principias espazos escolóxicos de Cambre e da bisbarra.

Trátase dunha xornada lúdica que poñerá en valor a riqueza do patrimonio natural cambrés a través dunha actividade deportiva.

Os interesados poden enviar a folla de inscricion por correo electrónico a deportes@cambre.org. Máis información no número de teléfono 981 61 31 86

Haberá 40 prazas por mor da limitación das piraguas coas que contará a actividade e o periodo de inscrición rematará o día 27. No caso de que as inscricións superen as plazas ofertadas haberá un sorteo o día 28.

Imprescindible saber nadar para participar na actividade e os menores de 9 anos deberán ir acompañados de nai/pai/titor/a.


Documentos:

I San Silvestre acuática polo Mero

31 de decembro de 2017 ás 12.00 horas.
Desde a ponte medieval do Burgo ata A Telva (ida e volta)