Cambre,  26  de  marzo de 2019. O departamento de Patrimonio do Concello de Cambre organiza no Temple a actividade cultural “Historia Viva” o sábado 13 de abril (14-21 horas) co obxectivo de acercar á veciñanza e aos visitantes os aspectos da vida dos antigos poboadores de Cambre, poñendo o foco na época de convivencia entre a cultura castrexa e a romana. Para a súa realización, contarase coa asociación de recreadores “Galaecia Viva”.

Haberá representacións de microteatro, actuacións musicais, degustacións de gastronomía e obradoiros infantís e xuvenís que compartirán o común denominador da inspiración na época romana. As actividades están a abertas ao público en xeral, o lugar de realización será o Parque Ramón Barba. Non será necesario inscrición.

O custe é gratuíto.

16:30h. Obradoiro de caligrafía romana: ensinaranse ás persoas participantes diferentes formas de escritura en Roma e os seus soportes (pergamiño, madeira, cera). Actividade dirixida a que rapaces e rapazas a partir dos 10 anos de idade poidan practicar as técnicas de caligrafía empregadas polos antigos romanos.

16:30h. Obradoiro de mosaicos: explicarase en qué consistía a técnica antiga e os asistentes contaran con materiais e axuda para elaborar un mosaico sinxelo que poidan levar para a súa casa como recordo. Orientado a rapaces e rapazas de 10 anos en adiante.

17:30h. Obradoiro de instrución de milites. Obradoiro infantil para nenos e nenas d entre 6 y 12 años. Ensinaranse diferentes formacións e poderán practicar con gladius e escudo.

18:30h. Degustación de comida e bebida romana. Farase unha selección de pratos documentados nos recetarios romanos clásicos que poderá degustar o público asistente.

20:00h. Lux Stellae. Montaxe audiovisual en latín subtitulado, acompañado dunha soprano cantando en directo.