Cambre  30  de  outubro de 2018.  O Concello de Cambre acolleu hoxe o acto da presentación do fallo do Premio Ramón Piñeiro, Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara, que este ano decidiu outorgarlle o devandito galardón á familia Seivane pola súa longa traxectoria na dignificación da artesanía popular e, nomeadamente, da gaita galega. O vindeiro 4 de novembro, na antiga casa do Concello de Láncara, terá lugar a entrega do premio á familia Seivane.

O Premio ten como obxectivo distinguir a persoas ou entidades que, ao longo do tempo, se teñan significado na defensa da lingua e  cultura galegas. Non ten dotación económica e faise entrega dunha obra dalgún artista galego.

Ao acto acudiron o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o secretario da Asociación Cultural Val de Láncara, Carlos López, o vicepresidente da Asociación Cultural Ergueitos, Luis López e o edil de Cultura, Daniel Carballada.

O alcalde de Cambre agradeceu en nome de todos os cambreses e cambresas ao xurado que integran máis dunha veintena de asociaciones culturales dos municipios de Láncara, Sarria y O Corgo e que este ano decidiron outorgar o otorgarán el decimosétimo premio Ramón Piñeiro, Facer País, á familias Seivane

“A familia Seivane é unha marca de identidade do noso concello, é sinónimo de traballo e bo facer. E sen dúbida e un orgullo para a cultura galega e para todos os cambreses e cambresas. Este premio é moi merecido e sempre lles digo o mesmo esta saga familiar continuará e sempre contará co apoio deste Concello e con todos e cada ún dos seus veciños e veciñas”, apuntou García Patiño.