As instalacións de Acea de Ama (Culleredo) acolleron o pasado venres a Fase Local Comarca ‘As Mariñas’ de Campo a Través. A competición, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte xunto ao Concello de Cambre, congregou a 800 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de centros de Cambre, Abegondo, Sada e Culleredo. En concreto, o certame contou coa participación do alumnado dos seguintes colexios e institutos:

  • CEIP Portofaro (Cambre)
  • CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás (Cambre)
  • CEIP Emilio González López de Brexo Lema (Cambre)
  • CEIP San Marcos (Abegondo)
  • CEIP Pedro Barrié de la Maza (Sada)
  • IES David Buján (Cambre)
  • IES Afonso X O Sabio (Cambre)
  • IES Rego de Trabe (Culleredo)
Como colofón á xornada, entregáronse premios individuais -que recibiron os tres primeiros atletas clasificados en cada categoría- e por equipos -para o primeiro equipo clasificado en cada categoría-.
O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude de Cambre, Daniel Mallo, acudiu á competición e aproveitou para agradecer a participación dos centros escolares, así como o traballo realizado polos profesores de Educación Física. Mallo sinalou “o excelente comportamento e espírito deportivo de todos os rapaces e rapazas durante a competición”.