Cambre,  29 de xaneiro de 2019.  A Oficina Municipal de Información Xuvenil presentou hoxe a súa programación anual con case un centenar de actividades dirixidas á mocidade e varias novidades na que se incluíron obradoiros de sexualidade e cociña, grupos de conversación en inglés e actividades como o scape room, surf, actividades naúticas, paintball, fly board o tabla de surf eléctrica.

No 2018 atendéronse 10.298 peticións de información nas diferentes actividades, a metade destes con idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos. Na Casa Palmeiras 6.285 persoas e na Omix de Cambre 3.095. Houbo un total de 84 actividades xuvenís nas que participaron 1679 persoas, das que 361 participaron no programa Por Fin é Venres. Grazas a APP omixcambre que se presentou no 2016, os xóvenes teñen información inmediata das actividades; neste momento houbo 3.024 descargas (usuarios) totales na plataforma que informa das actividades por móbil, 850 no 2018. Ademais, tivo 42.800 visualizacións das actividades xuvenís municipais.

Segundo o alcalde de Cambre, Óscar Patiño, a mocidade ten un amplo programa de  actividades casi un centenar dirixidas as mozos con uns datos de participación moi elevados.

Polo que respecta ao programa VENTE DE MARCHA, de rutas de senderismo dirixidas, preferentemente á mocidade do concello pero aberto a tódolos veciños-as independentemente da súa idade. Esta ano o tema que fará de fio conductor das rutas será árbores senlleiras, a primeira delas en Carballo, no Vilar de Francos.

Destaca tamén unha nova edición Mocearte co Cromatico Mural Fest, programa que desenvolve as habilidades artisiticas xuvenís e busca a convivencia entre arte e medio urban.

Asemade, o programa ESTE FINDE TEÑO PLAN, busca favorecer as condutas positivas nos momentos de lecer e facilitar o acceso a determinados recursos (culturais, medioambientais, etc…) como un xeito favorecedor da adquisición de valores civicos e respetuosos co noso entorno nun espazo de tempo, os findes, nos que o lecer se presenta como a opción mais idonea para a xuventude. Este ano as actividades serán Paintball, Cityplan (viaxe a unha cidade con encanto), finde surf, scape room, fly board, etc, etc.

Outro dos programas, Tdi (Todos Deben Involucrarse),  busca  o protagonismo absoluto da mocidade nas diferentes fases dos proxectos co apoio e a axuda do concello. Este ano cobrará protagonismo de novo a Open Science, que este ano aumentará os seus stands e a duración do evento de xeito significativo na súa segunda edición.

En canto ao programa “O Verán xa está aquí”, na que actividade principal é o campamento de verán, unha experiencia vital moi importante para os rapaces pois significa, en moitos dos casos, a súa primeira experiencia lonxe da casa e o comezo a valerse por si mesmos. Este ano os campamentos versarán sobre a temática da auga. O Concello está plantexando a posibilidade de que sexan en Marín e Quiroga.

Polo que respecta a formación o programa xuvenil TRANS-FÓRMATE   baséase na formación a través duns módulos formativos (obradoiros de emancipación) coñecementos que lles sirvan para acceder a traballos puntuais en épocas no lectivas. Este ano os máis interesantes serán os cociña e saúde sexual.

En canto ao programa “Por fin é Venres”, trátase de actividades na Casa Palmeiras gratuitas todos os venres nas que o primeiro venres estarán adicados a obradoiros de cociña saudable, os segundos venres a campeonatos e torneos, os terceiros a obradoiros, e os últimos venres de cada mes adicaranse a actos propostos pola mocidade.