Cambre, 4 de febreiro de 2018. A oficina Municipal de Información Xuvenil presentou hoxe a súa programación anual con case un centenar de actividades dirixidas á mocidade e varias novidades como a nova versión da App OMIX, na que se incluíron melloras como as notificacións, as rutas para adultos e familias e os novos servizos que haberá na nova sede da OMIX, a Casa Arrigada, cun espazo xuvenil, zona internet, espazo para reunións de asociacións xuvenís). Segundo o alcalde de Cambre, Óscar Patiño, “a mocidade terá un espazo renovado para as súas actividades, reunións e formación nun edificio que é emblema do noso concello”.

No que respecta ao programa VENTE DE MARCHA, de rutas de senderismo dirixidas, preferentemente á mocidade do concello pero aberto a tódolos veciños-as independentemente da súa idade. Esta ano o tema que fará de fio conductor das rutas será LUGARES MISTERIOSOS; refirese a lugares onde o maxico e a lenda mesturase co histórico; serán sitios que teñen algo que contar e que farán reflexionar ós senderistas e serán a Fisterra, Sta. Mª Aguas Santas, San Andrés de Teixido, A Lanzada, Tomar (Portugal), Cabo Home (Bueu), A Moura (Coirós) e Campolameiro.

Destaca tamén unha nova edición Mocearte co Cromatico mural fest, programa que desenvolve as habilidades artisiticas xuvenís e busca a convivencia entre arte e medio urban.

Asemade, o programa ESTE FINDE TEÑO PLAN, busca favorecer as condutas positivas nos momentos de lecer e facilitar o acceso a determinados recursos (culturais, medioambientais, etc…) como un xeito favorecedor da adquisición de valores civicos e respetuosos co noso entorno nun espazo de tempo, os findes, nos que o lecer se presenta como a opción mais idonea para a xuventude. Este ano as actividades serán Paintball, Cityplan, Finde survival, Nautica e finde surf.

Outro dos programas, Tdi (Todos Deben Involucrarse), busca o protagonismo absoluto da mocidade nas diferentes fases dos proxectos co apoio e a axuda do concello. Entre as actividades deste programa destacan a Ciencia na Rúa, Finde xuvenil e o Magosto Xuvenil.

En canto ao programa “O Verán xa está aquí”, na que actividade principal é o campamento de verán, unha experiencia vital moi importante para os rapaces pois significa, en moitos dos casos, a súa primeira experiencia lonxe da casa e o comezo a valerse por si mesmos.

Polo que respecta a formación o programa xuvenil TRANS-FÓRMATE baséase na formación a través duns módulos formativos (obradoiros de emancipación) coñecementos que lles sirvan para acceder a traballos puntuais en épocas no lectivas. Este ano os máis interesantes serán os de Couching laboral, oientación laboral, Manipulador de alimentos, monitor de tempo libre, Cociña, Sexualidade ou Primeiros auxilios.


 

Máis información: