Cambre,  26 de  outubro de 2018.  A propietaria das vivendas da Patiña, que semellaba segundo as informacións da inmobiliaria que non ía a renovar o aluguer social dun bloque de edificios na Patiña (Cambre), vén de enviar unha misiva ao alcalde de Cambre na que di o seguinte:

“As promocións de vivendas de protección oficial que ostenta LURI6, SAU comunica que:

-As cartas que recibiron alguns dos inquilinos das devanditas promocións son comunicacións estándar, que segundo a LEY DE ARRENDAMIENTOS URBANOS, todo arrendador ten que enviar aos seus inquilinos.

-A día de hoxe a sociedade Luri6 SAU segue a ser a propietaria das vivendas e no caso de plantexarse no futuro un proceso de venda cumpliremos estrictamente coa legislación vixente.

– A devandita sociedade non vai a proceder a realizar ningún lanzamento de inquilinos en situación de vulnerabilidade aínda cando poidan existir impagos de renda.”

Segundo o alcalde, esta notificación escrita confirma a chamada que tivo da Defensora do Pobo, que xa lle adiantou esta posición do Banco Santander.

O alcalde asegura que a pesar de ser unha boa nova, ve indispensable manter unha reunión cos responsables de LURI 6 SAU para que lle confirmen en persoa esta posición e lle expliquen cómo e cando van a renovar os alugueres aos inquilinos aos que se lles advertiu por carta a finalización do seu contrato.

“A misiva non vén asinada por ningunha persoa polo que hai que ter prudencia. Esiximos que se poñan en contacto con nós e cos veciños afectados para que lles comuniquen isto de xeito oficial”.

O alcalde entende que a movilización da plataforma A Patiña en Loita e a unión amosada onte no pleno municipal por todos os grupos políticos está dar pouco a pouco os seus froitos.

Existen 27  familias que reciben diferentes axudas de Servicios Sociais e unha ducia delas reciben prestacións de Emerxencia Social.