Imaxes da XIII Xuntanza

Un ano máis, a XIII Xuntanza do Maior cubriu todas as prazas e encheu o pavillón Os Campóns (Sigrás). A instalación acolleu hoxe a 700 veciños e veciñas do municipio que puideron gozar, non só de boa comida, senón tamén dunha actuación musical a cargo da orquestra Os Trovadores.

Este ano, o menú consistiu en entremeses e empanada de primeiro prato, laconada de segundo e, como sobremesa, torta milhojas e queixo con marmelo.

Esta actividade está integrada dentro da programación anual dirixida a veciños e veciñas da terceira idade do municipio. Con esta oferta, búscase fomentar a participación e o encontro social entre este colectivo.