Cambre,  7 de agosto de 2018.  O XVIII Torneo de Xadrez “Agosto en Cambre” ten aberta a súa inscrición ata o vindeiro venres 10 de agosto ás 21:00 horas. As persoas interesadas en participar deberán anotarse obrigatoriamente no enderezo electrónico: escolaxadrezsigras@hotmail.com. Repartiranse un total de 890 euros en premios.

A competición terá lugar o vindeiro sábado 11 de agosto no Pavillón Sofía Toro de Cambre (rúa Wenceslao Fernández Florez, 15660 – Cambre). Cóntase con diferentes categorías en liza, desde sub18 a sub8, ademais de ELO FIDE <1900.

O arranque está previsto par as 10:30 coa presentación dos xogadores. As partidas comezarán ás 10:45 horas. O remate será contra ás 20:00 horas coa entrega de premios. Trátase dun torneo válido para o III Circuíto Intercomarcal de Xadrez activo Deputación da Coruña.

O sistema de competición será o suízo a sete roldas cun ritmo de xogo de 10 minutos por xogador, máis 5 segundos xogada.

Horarios previstos:

  • 1ª Rolda: 10:45h
  • 2ª Rolda: 11:45h
  • 3ª Rolda: 12:40h
  • 4ª Rolda: 16:15h
  • 5ª Rolda: 17:05h
  • 6ª Rolda: 17:55h
  • 7ª Rolda: 18:45h
  • 20:00h Entrega de premios

 

O XVIII Torneo de Xadréz “Agosto en Cambre” conta cos seguintes premios:

GENERAL

1º PREMIO 300 € + TROFEO
2º PREMIO 150 € + TROFEO
3º PREMIO 100€ + TROFEO
4ºPREMIO 80+ TROFEO
5ºPREMIO 50+TROFEO

ELO FIDE <1900

1º PREMIO 50 € + TROFEO


LOCAL

1º PREMIO 80 € + TROFEO
2º PREMIO 30 € + TROFEO

OUTROS PREMIOS

1º Clasificado sub-18 50 € + TROFEO
1º Clasificado sub-16 TROFEO
1º Clasificado sub-14 TROFEO
1º Clasificado sub-12 TROFEO
1º Clasificado sub-10 TROFEO
1º Clasificado sub-8 TROFEO