Unha vez máis, o Moucho Leroucho visitará as bibliotecas municipais de Cambre. As persoas interesadas en asistir a estas actividades deberán ter invitación. Os convites poden recollerse para as tres bibliotecas na biblioteca Os Templarios e na Xabier P. Docampo desde hoxe, luns 13 de xaneiro. Para acceder á actividade é preciso presentar o carné da Rede de Bibliotecas.

As actuacións serán as seguintes:

  • Mércores, 22 de xaneiro ás 17.30 horas. A sesión prevista para a biblioteca central de Cambre trasladarase ao salón de plenos do Concello.
  • Xoves, 23 de xaneiro ás 17.30 e ás 18.30 horas. Haberá dúas sesións na biblioteca Os Templarios.
  • Venres, 24 de xaneiro ás 17.30 horas. A sesión terá lugar na biblioteca Xabier P. Docampo.

Máis información:

  • Biblioteca Central de Cambre. Teléfono: 981 67 51 09.
  • Biblioteca Os Templarios. Teléfono: 981 66 14 58.
  • Biblioteca M Xabier P. Docampo. Teléfono: 981 66 52 36.