A Asociación Española Contra o Cancro de Cambre levará a cabo, o próximo 29 de setembro, unha Andaina solidaria contra o cancro. A saída será desde a Casa das Palmeiras (O Temple, Cambre), ás 11.00 horas. O percorrido será arredor da ría do Burgo. Ás 9.30 horas abrirá a oficina de inscricións e a tenda de merchandising.

As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar aos teléfonos 670 035 356, 680 942 982 e ao 653 796 821. As inscricións poden facerse tamén online a través da páxina http://www.evedeportnorte.com/aeccenmarcha/ ou de xeito anticipado nos seguintes puntos:

  • Frente a Abanca (Cambre) os días 21 e 22 de 11.00 a 14.00 horas.
  • Na academia de inglés School of English o día 25 de 11.00 a 14.00 horas.
  • Remersam a partir do 21, de 10.00 a 12.00 horas.
AECC Cambre

Cartel Andaina solidaria contra o cancro