As concellerías de deportes dos concellos de Cambre e Carral, tralo éxito da pasada tempada, pretenden repetir a colaboración para a organización dunha nova liga de fútbol sala municipal Cambre- Carral para o ano 2019. (febrerio a xuño)

Os equipos interesados poden facer a súa pre-inscrición ATA O 31 DE XANEIRO DE 2019 nos correos: deportes@cambre.org ou deportes@carral.es

Datos xerais:

  • Días de competición: preferentemente luns e mércores de 21:00 a 23:00 segundo calendario de competición.
  • Instalacións: Pavillón polideportivo de Os campóns-Cambre e pavillón polideportivo do Espiño-Carral
  • Comenzo da liga: Febreiro Taxas: estímase unha achega por equipo/tempada de 400-500 euros (variará en función dos equipos inscritos).

Condicións:

  • Os equipos pre-inscritos deberán contar cun mínimo de TRES xogadores empadroados nos concellos de Cambre ou Carral
  • Para o inicio da competición deberá contarse cun mínimo de OITO equipos.

 

Para mais información:
deportes@cambre.org
deportes@carral.es

Unha vez finalizado o prazo de preinscripción, convocarase unha reunión cos equipos para concretar a data de comenzo, o calendario e normativa de competición.