As concellerías de deportes dos concellos de Cambre e Carral, tralo éxito da pasada tempada, pretenden repetir a colaboración para a organización dunha nova liga de fútbol sala municipal Cambre-Carral para a tempada 2017-2018

Os equipos interesados poden facer a súa pre-inscrición nos correos: deportes@cambre.org ou deportes@carral.es

Data tope para a preinscrición o 10 de OUTUBRO

Días de competición:
preferentemente luns e mércores de 21:00 a 23:00 segundo calendario de competición.

Instalacións:
Pavillón polideportivo de Os campóns. Cambre e pavillón polideportivo do Espiño-Carral.

Comenzo da liga:
outubro.

Taxas:
estímase unha achega por equipo/tempada de 500-600 euros (variará en función dos equipos inscritos).

Condicións:
Os equipos pre-inscritos deberán contar cun mínimo de TRES xogadores empadroados nos concellos de Cambre ou Carral

Para o inicio da competición deberá contarse cun mínimo de OITO equipos.

Para mais información: deportes@cambre.org deportes@carral.es