Concello de Cambre continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas nas súas bibliotecas municipais. As próximas correrán a cargo do Moucho Leroucho, que ofrecerá as seguintes actuacións:

  • Mércores, 19 de febreiro, ás 17.30 horas. A sesión da biblioteca central de Cambre trasládase ao salón de plenos do Concello.
  • Xoves, 20 de febreiro, ás 17.30 e ás 18.30 horas. Dúas sesións na biblioteca Os Templarios.
  • Venres, 21 de febreiro ás 17.30 horas. Biblioteca Xabier P. Docampo.

Para asistir a estas actividades é preciso contar con invitación. Os convites poden recollerse nas tres bibliotecas desde o luns, 10 de febreiro. Así mesmo, para entrar na función será necesario presentar o carné da Rede de Bibliotecas.

Máis información:

  • Biblioteca Central de Cambre. Teléfono: 981 67 51 09.
  • Biblioteca Os Templarios. Teléfono: 981 66 14 58.
  • Biblioteca M Xabier P. Docampo. Teléfono: 981 66 52 36.