O Concello organizará, os días 17 e 18 de outubro, unha nova batería de actividades dirixidas ao público infantil nas bibliotecas municipais de Cambre. Esta oferta cultural está cofinanciada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

A primeira será na biblioteca municipal Os Templarios o xoves, 17 de outubro ás 18.30 horas. Ese día, terá lugar Abrabebé, onde a maxia, o clown, os xogos e a lectura mesturaranse para que os pequenos poidan facer unha viaxe polo mundo dos sentidos. Está dirixida a bebés de 0 a 3 anos (incluídos).

Cartel da actividade ''Abrabebé'

Cartel da actividade ”Abrabebé’

 

A programación continuará o venres, 18 de outubro ás 17.30 horas, na biblioteca Xabier P. Docampo. Neste caso, os pequenos (de entre 5 e 11 anos) poderán gozar da actividade Radio Bulebule, con Paco Nogueiras. Durante a mesma, os nenos e nenas vivirán un auténtico programa de radio cheo de humor, baile e cancións en directo.

Actividade 'Radio Bulebule'

Actividade ‘Radio Bulebule’

 

O prazo de inscrición xa está aberto. Para participar é necesario anotarse previamente na biblioteca ata completar aforo. Así mesmo, é preciso presentar o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.