Concello de Cambre organizará, entre o 25 e o 27 de setembro, actividades para os nenos e nenas nas bibliotecas públicas municipais. En concreto, as actividades serán as seguintes:

  • Caderno de lectura con Zentangle. Este obradoiro creativo estará impartido por Elisabet Hillerud, e está dirixido a cativos e cativas de entre 6 e 12 anos (ambas as dúas idades incluídas). A actividade dispón dun total de 15 prazas. O obradoiro levarase a cabo na biblioteca municipal central de Cambre o mércores, 25 de setembro, ás 17.30 horas.
Caderno de lectura con Zentangle

Caderno de lectura con Zentangle

  • Charo Pita presenta A familia Papaventos. A actividade está dirixida para bebés de 0 a 3 anos (incluídos). Será na biblioteca municipal Os Templarios o xoves, 26 de setembro, ás 18.30 horas. 
A familia papaventos

A familia papaventos

  • Unha arte delicada: a papiroflexia. Esta actividade está destinada para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos (ambas as dúas idades incluídas). Os pequenos e pequenas de entre 5 e 7 anos deberán ir acompañados por un adulto. En total, ofértanse 24 prazas (sen contar aos adultos acompañantes). A actividade terá lugar na biblioteca municipal Xabier P- Docampo o venres, 27 de setembro, ás 17.30 horas.
Unha arte delicada: a papiroflexia

Unha arte delicada: a papiroflexia

O período de inscrición xa está aberto. Para participar en calquera destas actividades é necesaria inscrición previa na biblioteca ata completar aforo. É preciso presentar o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia. As actividades están cofinanciadas pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas poden solicitar máis información nos seguintes teléfonos:

  • Biblioteca central: 981 67 51 09
  • Biblioteca Os Templarios: 981 66 14 58
  • Biblioteca Xabier P. Docampo: 981 66 52 36