Cambre, 24 de novembro de 2017. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, desprazouse hoxe ata o paseo fluvial para inspeccionar os labores de acondicionamento do río Mero que consisten na roza das marxes do paseo e a colocación da nova varanda de madeira que substituirá á antita de metal que foi roubada no verán.

Polo que respecta a roza do río, o convenio asinado coa Xunta estipula o desbroce con medios mecánicos do espazo de 2,5 m a cada lado da mota de 17 quilómetros de paseo. A Xunta colaborará cunha achega de 40.000 euros ao Concello de Cambre que será o que leve a cabo os traballos. Comezou esta semana a segunda das dúas rozas que levará a cabo o Concello.

O alcalde sinalou que a nova varanda será máis acorde co espazo mediambiental e permitirá o paso máis seguro para os peóns.