- O Servizo de Protección Civil colocará centos de trampas nas zonas urbanas co fin de evitar a proliferación deste insecto.
- A concelleira de Seguridade Cidadá, María Vázquez, lembra que o ano pasado a campaña capturou máis de 700 vespas raíñas e este ano espera aumentar o número.
Cambre, 8 de abril de 2019. O Concello de Cambre comezou a campaña “Obxectivo Capturar Raíñas” que trata de capturar ao maior número de raiñas posibles mediante a colocación de trampas por todo ou municipio. O Servizo de Protección Civil colocará centos de trampas nas zonas urbanas co fin de evitar a proliferación deste insecto.
Asemade, lanzou un díptico para que os veciños e veciñas coloquen as súas trampas caseiras nas súas propiedades. Desde o mes de maio ata setembro poden colocar este tipo de aparellos, sempre acompañados dun adulto, para capturar as vespas raíñas, que son as responsables de facer o niño e de poñer os ovos.
Segundo Manuel Varela, responsable de Protección Civil de Cambre, “canto maior captura de raíñas neste período menor cantidade de vespas haberá e por conseguinte menor incidencia deste insecto invasor en época estival”.
No díptico explícase o proceso de elaboración dunha trampa caseira. Neste senso, #podar facer unha trampa cunha simple botella de plástico e depositar non seu interior un atrayente caseiro composto cunha culler de zume de arandos, vinagre e vermuth vermello ou cervexa negra.
A concelleira de Seguridade Cidadá, María Vázquez, lembra que o ano pasado a campaña capturou máis de 700 vespas raíñas e este ano espera aumentar o número. Agradece a colaboración dos veciños/as e das entidades veciñais que participan nesta campaña preventiva.
No caso de ter algunha dúbida ao respecto das trampas e da súa colocación os interesados poden chamar ao teléfono de Protección Civil 981 67 55 89.